Xa estamos inmersos na historia de Minia e Bastián. A gran e nada habitual amizade entre unha nena e un vagabundo estanos a dar moito que pensar. Tras reflexionar conxuntamente sobre os primeiros capítulos de “As pombas de Bastián”, puxémonos na pel da súa protagonista. Así, tal e como Minia observa desde a súa fiestra ao seu futuro amigo, imaxinando como pode ser a súa vida… nós fixemos o mesmo.
Observamos a diferentes persoas, intentando
adiviñar a que se dedican, os seus gustos, estados de ánimo… e démonos conta de
que coincidimos en moitas opinións. Como pode ser? Que nos levou a pensar desa
maneira? En que detalles centramos a nosa atención para dar as nosas opinións?
Tras un gran debate, descubrimos a
verdadeira identidade dos personaxes do noso xogo e a comparamos coas nosas
hipóteses.
Resultados: algún acerto pero a maioría da
información dista moito da realidade. Isto levounos a reflexionar sobre os
nosos PREXUÍZOS e o presentes que están no noso día a día.
Deixamos a continuación imaxes desta sesión
cos dous grupos de traballo.


.jpg)


