Hoxe, xoves 6 de novembro, damos inicio a
unha nova aventura do Club de Lectura “Papalibros”. Este curso escolar contamos
con 14 alumnos e alumnas dispostos a “soñar cos ollos abertos” e compartir tan
máxica experiencia cos seus compañeiros/as un ratiño á semana.
O noso primeiro encontro dou moito de si!
Comezamos coñecendo e asinando as normas do
Club, pois estamos a adquirir un compromiso que requerirá de amosar
responsabilidade ao longo do curso.
Posteriormente abordamos a organización das
sesións, saíndo escollido democráticamente como día de reunión o XOVES.
Aproveitamos a ocasión para dividirnos en dous grupos de traballo e finalizamos
cunha gran escolla “a
cegas”:
a nosa primeira lectura do curso, moi relacionada con noso PDI de centro sobre
os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
María Canosa e a súa obra “As pombas de
Bastián” acompañaránnos durante este primer trimestre. Estamos desexando
comezar!



Ningún comentario:
Publicar un comentario