Continuamos a aprender coa nosa primeira lectura do curso, “As Pombas de Bastián”. Unha das principais temáticas deste libro é a POBREZA, ilustrada a través da vida de Bastián, un vagabundo que só atopa axuda e unha mirada amiga en Minia, unha nena pequena.
Posto que este ano estamos a traballar no
noso PDI de centro os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, tivemos a idea
de poñer o noso granciño de area para contribuir á “Erradicación da pobreza” e
lograr a “Fame Cero”.
Inspirándonos na historia tan fermosa que
estamos a ler, decidimos organizar no centro unha Recollida de Alimentos
en colaboración coa Asociación Cáritas de Cee.
Posto que somos moitas mans a axudar,
dividímonos as tarefas, que non foron poucas.
O Grupo 1 encargouse de elaborar o cartel informativo
sobre a recollida. Tras moito esfrozo, este foi o resultado:
Unha vez elaborado o cartel, o Grupo 2
enfrontouse a outra gran misión: anunciar polas aulas a proposta, creando en
cada unha delas un punto de recollida de alimentos. Superaron o reto con éxito,
compartimos a proba:



Ningún comentario:
Publicar un comentario