“O neno
can”, sen dúbida, non deixa indiferente a ninguén. Vivir por un momento a vida
dos diferentes protagonistas das historias de Fina Casalderrey e Francisco
Castro, resultou moi abraiante.
Saber que
hai nenos/as que se ven privados dos seus dereitos básicos fíxonos reflexionar
sobre a nosa vida, todo o que temos e a que aspectos lles damos máis ou menos
importancia.
A proposta
para esta sesión foi crear unha “Liña da reflexión”, na que o alumnado se movía
polo espazo en función de se estaba “de acordo” ou “en desacordo” con
diferentes afirmacións.
“Os
adultos sempre entenden aos nenos/as” - Acordo
ou desacordo?
“É mellor
calar para evitar problemas” – Acordo ou desacordo?
“Unha
mestra/e pode cambiar a vida dun neno/a” – Acordo ou desacordo?
Estos son algúns exemplos das afirmación escollidas. Unha actividade moi reveladora tanto para os nenos/as como para os adultos/as.



Ningún comentario:
Publicar un comentario