Seguimos coas sesións de traballo sobre “O Neno
Can”. Posto que a proposta dos Retos de lectura tivo moi boa acollida e derivou
en resultados moi positivos, esta semana fixemos unha nova rolda.
Nesta ocasión os retos eran cooperativos e
tiveron dúas temáticas.
O Grupo 1 profundou sobre o capítulo 5 da
nosa lectura e as actividades abordaron o tema da discapacidade e as barreiras
sociais. Así, as alumnas de 6º EP convertéronse en guías dando instrucións
únicamente verbais para recrear diferentes posturas de baile, adoptaron o rol
de arquitectas e trataron de eliminar posibles barreiras arquitectónicas
presentes no centro e, por último, crearon un acróstico coa palabra
discapacidade. Compartimos con vos esta experiencia:
Por outra banda, o Grupo 2 puxo o foco no
capítulo 4, no que Leila, unha nena de 12 anos, é obrigada a casarse cun home
moito máis maior que apenas coñece. Partindo desta historia o alumnado de 5º EP
comprobou se realmente coñecía os seus dereitos, xogaron co poder da palabra
tentando adiviñar o que estaban a definir os seus compañeiros/as e crearon o
acróstico de Valentía. Aquí vos deixamos imaxes da sesión:






Ningún comentario:
Publicar un comentario