Levamos xa algunhas semanas sen pasarnos
por aquí pero temos unha boa xustificación: comezamos a nosa terceira e última lectura do curso.
Trátase dun cómic titulado “Microalgas: o
mundo oculto”, de Xulia Pisón. As aventuras de Spirulina, Nanno, Wasto e Tom
téñennos atrapados! Estamos desexando coñecer o final…
Mentres tanto, ademáis de gozar lendo e
intercambiando opinións cos compañeiros/as, tamén estamos a crear un
Pasapalabra. Sí, sí, como o da tele.
Nas últimas sesións os dous grupos de
traballo escolleron diferentes palabras relacionadas co cómic e fixeron as súas
definicións. Faltan uns detalliños pero dentro de moi pouco descubriredes o
resultado.




Ningún comentario:
Publicar un comentario