A lectura de Microalgas espertou a nosa curiosidade
polo mundo das algas. Así, como non podía ser doutro xeito, quixemos darlle
respostas aos nosos interrogantes e contactamos con Arenaria para realizar un
obradoiro sobre algas.
Resultou unha experiencia incrible: aprendemos
sobre algas de xeito manipulativo e lúdico. Observamos, experimentamos, xogamos,
tocamos, dialogamos…
Foi unha mañá moi divertida! Grazas por
este obradoiro, estamos desexando contar con vós para o seguinte!



Ningún comentario:
Publicar un comentario