martes, 10 de xuño de 2025

Grazas, Guille!

Pois sí, tal e como anuncia o título desta entrada… conseguímolo!

 

Guillelme Castillo Carballa,


autor do Inframundo, contestou as nosas preguntas! 



E non só iso, senón que ademáis nos


agasallou cunha nova que nos fai pensar que teremos unha próxima

 

lectura asegurada no noso Club.



Para saber de que se trata, teredes que ver o vídeo.

 

Non vos deixará indiferentes, prometémolo!



RESPOSTA AUTOR INFRAMUNDO





Ante isto só podemos dicir: GRAZAS, GUILLE, DE CORAZÓN!

 

Fíxonos moita ilusión a túa resposta e valoramos moitísimo


 o teu talento, a túa implicación e a túa amabilidade.





E con isto, pechamos o Club de Lectura deste ano! Vémonos á volta!

martes, 27 de maio de 2025

Preguntas ao autor

 

Xa a piques de rematar esta segunda e derradeira lectura do curso, nas

últimas sesións do Club “Papalibros” deixamos voar a nosa imaxinación e


creatividade. A nosa atención centrouse en debuxar aos principais


personaxes do Inframundo partindo das descricións físicas e de


personalidade que o autor recolle no libro.




Tras finalizar as nosas creacións, pensamos que tales obras de arte tiñan


que chegar a Guillelme, polo que nos puxemos en contacto con el,


aproveitando tamén para facerlle algunhas preguntas que nos foron


xurdindo durante este tempo.



Oxalá obteñamos resposta!



Compartimos por aquí o noso vídeo.






PREGUNTAS AUTOR INFRAMUNDO














martes, 1 de abril de 2025

Reconstruíndo o Inframundo

 Co obxectivo de avanzar na lectura e traballar a parte do libro que nos

tocaba esta semana, desenvolvemos unha actividade de escoita, atención,


comprensión e moito, moito traballo en equipo.




Cando chegamos á aula atopámonos con oito tarxetas que contiñan o


resumo de varios capítulos do Inframundo. O reto era claro: tratar de


ordenalas e secuencialas axeitadamente en 10 minutos.




Como podedes comprobar nas imaxes e nos vídeos, non se nos dou nada


mal e tivemos tempo de poñer en común e reflexionar sobre diversos


aspectos da trama. Estamos enganchados/as.




RECONSTRUÍNDO O INFRAMUNDO










martes, 18 de marzo de 2025

Xogos de dramatización

 

Mentres que avanzamos na lectura do “Inframundo”, que nos ten case tan


abraiados/as como interesados/as, quixemos aproveitar para traballar a


nosa entoación.




Na sesión anterior percatámonos de que as nosas lecturas eran moi


monótonas, así que aquí traemos un xogo de dramatización para axudarnos


a poñerlle solución.




Nesta proposta lúdica sorteamos diferentes estados de ánimo entre os


membros dos grupos e escollemos varios fragmentos do “Inframundo” para


narralos coas distintas emocións.



Velaquí o resultado!



XOGO DRAMATIZACIÓN INFRAMUNDO






xoves, 27 de febreiro de 2025

Entroido no Inframundo

 Neste mes de febreiro xuntáronsenos dous festexos: o Entroido e a

consecución do reto do Pasapalabra.



Como o prometido é débeda: flocos de millo para todos e todas!








Ademáis da comilona, tamén tivemos tempo de descubrir, e mesmo


comezar a ler en voz alta, a nosa segunda lectura do curso: O Inframundo.


Un relato cautivador sobre como unha familia galega fuxe na procura de


acubillo tras un desastre natural sen precedentes.


Podedes ver a actividade desta xuntanza na seguinte ligazón:




LECTURA GRUPAL INFRAMUNDO



Esta obra de Guillelme Denís Castillo Carballa achéganos a algunhas das


máis fermosas paisaxes de Galicia, como son as montañas do Courel, e a


outras que só caben na nosa imaxinación, como as que esconde o


Inframundo.



Así, imos pasar unha boa tempada “Cos pés na terra”, como o noso PDI.



martes, 25 de febreiro de 2025

PASAPALABRA


 1, 2, 3… cámaras e acción! Coas definicións e o rosco preparados, as

seguintes sesións adicámolas á gravación do noso Pasapalabra. 


O obxectivo: conseguir entre os dous grupos 20 acertos.




Accede á seguinte  ligazón para saber que tal se nos dou!



PASAPALABRA CALPURNIA



martes, 21 de xaneiro de 2025

Mans á obra!

 

Unha vez redactadas todas as definicións do noso Pasapalabra chega a

parte máis práctica: a creación do Rosco.



Tras varias sesións de manualidades nas que o traballo cooperativo resultou


fundamental, logramos elaborar un rosco ben xeitoso, ou polo menos iso é


o que pensamos nós…



Vós que opinades?