xoves, 29 de abril de 2021

Novo trimestre, nova lectura

Xa temos claro cal vai ser o libro que imos "papar" neste terceiro trimestre. Escollemos un escritor nado en Santiago de Compostela que ademais é profesor de Lingua Galega. Estamos a falar de HECTOR CAJARAVILLE ARAÚJO
O libro escollido é:

luns, 12 de abril de 2021

Encontro virtual con María Canosa, autora de "Muriel"

Chegou a data tan esperada por todos nós, o luns 12 de abril. Estabamos contando os días... e por fín está connosco, por vídeoconferencia, María Canosa, a autora do libro "Muriel".

Fixémoslle moitas preguntas e todos escoitamos con moita atención o que a escritora contaba: como comezou a súa carreira, en que se inspirou cando escribiu o libro, anécdotas... 

Estamos moi contentos e ilusionados porque María propuxo ás coordinadoras do club que lle levaran todos os nosos exemplares para asinalos. 

Queremos agradecerlle a Xerais e en especial a María Canosa por este marabilloso encontro virtual, polas súas palabras... pola súa simpatía e amabilidade. 

xoves, 8 de abril de 2021

Deseñando o mural "Muriel" para María Canosa

Rematamos a lectura de libro e agora, estamos preparando un mural para María Canosa. Esperamos con moita ilusión a súa visita. Non sabemos se vai ser presencial ou por vídeoconferencia.