xoves, 25 de outubro de 2018

Empezamos a lectura

Xa temos o libro e marcapáxinas, a verdade é que estamos moi ilusionados por empezar... 











xoves, 18 de outubro de 2018

A balada dos unicornios

Xa temos decidida a primeira lectura do noso club: "A balada dos unicornios" premio Lazarillo 2017, de Ledicia Costas.

A escola de Artefactos e Oficios, acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución...e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. 
Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

xoves, 11 de outubro de 2018

Reunión club de lectura

Todos os xoves, o club de lectura xuntarase na biblioteca, na hora de ler. 
Nesta primeira reunión lemos as normas, firmamos o contrato e decidimos, entre todos, a primeira lectura.

xoves, 4 de outubro de 2018

Club de lectura "Papalibros"

Este curso continuamos co club de lectura "Papalibros" ( alumnado de 5º e 6º E.P.). Queren relacionar a  actividade co PDI deste curso "Muller tiña que ser" polo que as lecturas serán de escritoras galegas. 
Compoñen o club 8 alumnas de 5º E.P. e 9 alumnos/as de 6º, o que fai un total de 17.