xoves, 25 de abril de 2019

Deseñando o cartel para Andrea Maceiras

As encargadas da elaboración do cartel de Andrea Maceiras foron Gabriela, Shamira ( nova compoñente do club), Noa e Candela. Nos recreos xuntáronse na biblioteca para buscar información sobre a autora.

Así de chulo lles quedou:
Preme na imaxe para ver fotos da actividade:

xoves, 11 de abril de 2019

Marcapáxinas

Johana e Alba encargáronse de facer o marcapáxinas para "Andrea Maceiras". Tatiana axudoulles a pintalo.


xoves, 4 de abril de 2019

Temos unha moi boa noticia

Estamos moi contentos porque  Andrea Maceiras vai vir ao noso colexio o martes 7 de maio ás 15.30h. 
Queremos ter un detalle con ela porque nos gustou moito o seu libro. Na reunión de hoxe saíron moitas ideas... Acordamos  facerlle un marcapáxinas personalizado e un pequeno cartel para poñer na entrada da biblioteca no recuncho de novidades.