mércores, 21 de decembro de 2016

Mecanoscrito da segunda orixe


Os protagonistas son Alba e Dídac.
Alba é unha xoven morena, decidida, intelixente, interesada na medicina, responsable e de pel branca.
Dídac é un xoven de pel negra, intelixente, interesado na mecánica e en conducir diferentes automóbiles.
Resumo: Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos a parella irá evolucionando e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas.