luns, 30 de xaneiro de 2023

Elaborando os murais...

Como queda pouco tempo para o encontro co escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón, na segunda quincena do mes de xaneiro, o alumnado do club de 5º e 6º E.P. xúntase nos recreos de mañá e do xantar para elaborar cadanseu mural. 

Aquí tedes o resultado final.

Para ver fotos da actividade, preme en cada unha das imaxes. 

5º E.P.

6º E.P.

venres, 13 de xaneiro de 2023

Liados coa lectura...

Aquí estamos na semana do 12 e 13 de xaneiro, comentando a lectura e rematando os cadernos viaxeiros. 

5º E.P.

6º E.P.