xoves, 28 de maio de 2026

Unha doce despedida

 

E case sen decatarnos chegou a última sesión do Club de Lectura Papalibros. Tras tres lecturas, moitas charlas, obradoiros, flocos de millos, pasapalabras e recollidas de alimentos, poñemos punto e final as nosas xuntanzas neste curso 2025-2026.

Como ides comprobar nas fotos, o noso último encontro non nos deixou mal sabor de boca… todo o contrario! Gozamos dunha merendiña, ben merecida, por certo, mentres limos as respostas que María Canosa dou ás nosas preguntas.







Vémonos o curso que vén! Pasade bo verán e recargade pilas!

xoves, 21 de maio de 2026

PASAPALABRA

 

Tal e como adiantamos fai uns días, levamos tempo enredados na creación dun Pasapalabra cooperativo sobre Microalgas entre os grupos 1 e 2 do Club de Lectura

Puxémonos o reto de chegar a 20 acertos, de 24 definicións en total. Credes que o conseguimos? Dádelle ao play para comprobalo!


PASAPALABRA MICROALGAS - CLUB DE LECTURA


E así nos despedimos da última lectura do curso!


xoves, 14 de maio de 2026

Obradoiro de algas

 

A lectura de Microalgas espertou a nosa curiosidade polo mundo das algas. Así, como non podía ser doutro xeito, quixemos darlle respostas aos nosos interrogantes e contactamos con Arenaria para realizar un obradoiro sobre algas.

Resultou unha experiencia incrible: aprendemos sobre algas de xeito manipulativo e lúdico. Observamos, experimentamos, xogamos, tocamos, dialogamos…




Foi unha mañá moi divertida! Grazas por este obradoiro, estamos desexando contar con vós para o seguinte!

xoves, 23 de abril de 2026

MICROALGAS

 

Levamos xa algunhas semanas sen pasarnos por aquí pero temos unha boa xustificación: comezamos a nosa terceira  e última lectura do curso.

Trátase dun cómic titulado “Microalgas: o mundo oculto”, de Xulia Pisón. As aventuras de Spirulina, Nanno, Wasto e Tom téñennos atrapados! Estamos desexando coñecer o final…

Mentres tanto, ademáis de gozar lendo e intercambiando opinións cos compañeiros/as, tamén estamos a crear un Pasapalabra. Sí, sí, como o da tele.

Nas últimas sesións os dous grupos de traballo escolleron diferentes palabras relacionadas co cómic e fixeron as súas definicións. Faltan uns detalliños pero dentro de moi pouco descubriredes o resultado.






xoves, 26 de marzo de 2026

Estamos de mudanza!

 

Sí, tal e como adiantamos no título desta entrada, o Club de Lectura cambia de aula. O noso novo fogar é moito máis pequeno e acolledor e nos aporta a tranquilidade necesaria para desconectar do mundo gozando coa lectura.

Para comezar a personalizar este novo espazo nada mellor que decoralo en relación a “O neno can”. Así, puxémonos en contacto coa muralista Laura Suárez e encargámoslle un mural para a nosa aula cunha temática clara: a infancia e os seus dereitos.

As nosas ideas e o seu talento e creatividade deron como resultado esta marabilla:








Moitas grazas, Laura! Un pracer coñecerte e gozar da túa arte!


xoves, 19 de marzo de 2026

Retos de Lectura Cooperativos

 

Seguimos coas sesións de traballo sobre “O Neno Can”. Posto que a proposta dos Retos de lectura tivo moi boa acollida e derivou en resultados moi positivos, esta semana fixemos unha nova rolda.

Nesta ocasión os retos eran cooperativos e tiveron dúas temáticas.

O Grupo 1 profundou sobre o capítulo 5 da nosa lectura e as actividades abordaron o tema da discapacidade e as barreiras sociais. Así, as alumnas de 6º EP convertéronse en guías dando instrucións únicamente verbais para recrear diferentes posturas de baile, adoptaron o rol de arquitectas e trataron de eliminar posibles barreiras arquitectónicas presentes no centro e, por último, crearon un acróstico coa palabra discapacidade. Compartimos con vos esta experiencia:





Por outra banda, o Grupo 2 puxo o foco no capítulo 4, no que Leila, unha nena de 12 anos, é obrigada a casarse cun home moito máis maior que apenas coñece. Partindo desta historia o alumnado de 5º EP comprobou se realmente coñecía os seus dereitos, xogaron co poder da palabra tentando adiviñar o que estaban a definir os seus compañeiros/as e crearon o acróstico de Valentía. Aquí vos deixamos imaxes da sesión:






xoves, 26 de febreiro de 2026

A liña da reflexión

 

“O neno can”, sen dúbida, non deixa indiferente a ninguén. Vivir por un momento a vida dos diferentes protagonistas das historias de Fina Casalderrey e Francisco Castro, resultou moi abraiante.

Saber que hai nenos/as que se ven privados dos seus dereitos básicos fíxonos reflexionar sobre a nosa vida, todo o que temos e a que aspectos lles damos máis ou menos importancia.

A proposta para esta sesión foi crear unha “Liña da reflexión”, na que o alumnado se movía polo espazo en función de se estaba “de acordo” ou “en desacordo” con diferentes afirmacións.


“Os adultos sempre entenden aos nenos/as”  - Acordo ou desacordo?

“É mellor calar para evitar problemas” – Acordo ou desacordo?

“Unha mestra/e pode cambiar a vida dun neno/a” – Acordo ou desacordo?


Estos son algúns exemplos das afirmación escollidas. Unha actividade moi reveladora tanto para os nenos/as como para os adultos/as.