venres, 25 de febreiro de 2022

Nova lectura: "A señorita Bubble" ( Ledicia Costas)

Este trimestre imos ler "A señorita Buble" de Ledicia Costas. Fixemos o reparto de libros o 24 e 25 de febreiro. 

24 de febreiro ( grupo 6º E.P.)
No grupo de 6º hai unha compoñente máis que se chama Sofía ( alumna de recente incorporación ao centro). 
Elaborando un novo caderno.
25 de febreiro ( grupo 5º E.P.)

xoves, 17 de febreiro de 2022

María Canosa na nosa biblioteca

Esta semana contamos cunha visita moi especial na nosa bibliteca. María Canosa tivo dous encontros co club de lectura: o xoves 17 de febreiro co grupo de 5º E.P. e o venres co de 6º EP. Todo o alumnado estaba moi ilusionado e con moitas ganas de coñecela.


17 de febreiro ( 5º E.P.)

18 de febreiro ( 6º E.P.)


venres, 11 de febreiro de 2022

Deseñando o mural "O que nunca che contaron"

Como queda moi pouco tempo para o encontro coa escritora María Canosa, o alumnado do club xúntase nos recreos da mañá e do xantar para elaborar os agasallos para a autora: un mural e un marcapáxinas personalizado. 

Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade. 

Aquí temos ao grupo de 6º na xuntanza do xoves, 11 de febreiro, dando os últimos toques ao mural e ao marcapáxinas.


venres, 4 de febreiro de 2022

Boas noticias !

O vindeiro 17 e 18 de febreiro, teremos un encontro con María Canosa, autora do libro que lemos no primeiro trimestre: "O que nunca che contaron".  

Estamos moi ilusionados porque o encontro vai ser presencial. Na xuntanza de hoxe estamos aportando ideas para facerlle un agasallo a María Canosa. 

Xoves, 3 de febreiro ( Grupo 1 - 5º EP)

Venres, 4 de febreiro ( 6º EP)

Decidimos elaborar un mural e un marcapáxinas persoal.
Xoves, 10 de febreiro ( Grupo 2 - 5º EP)