sábado, 14 de novembro de 2020

venres, 6 de novembro de 2020

1º reunión do club de lectura

O xoves, 5 de novembro, o alumnado de 5º E.P.

O venres, 6 de novembro, o alumnado de 6º E.P.

Nesta 1º reunión tratouse o seguinte : normas e protocolo Covid; libro de lectura 1º trimestre ( "Muriel" de María Canosa); biografía da autora do libro;  nota informativa familias ( web do centro).

luns, 5 de outubro de 2020

"Papalibros" Curso 2020-21

O club de lectura "Papalibros" empeza unha nova andadura este curso escolar con 26 compoñentes ( 11 alumnos/as de 5º E.P. e 15 de 6º E.P.).
Os encontros faranse na biblioteca durante a "Hora de Ler" no horario establecido: 

ALUMNADO 5º E.P.

ALUMNADO 6º E.P.

luns, 21 de setembro de 2020

Inscrición club de lectura "Papalibros" Curso 2020-21

Continuamos co club de lectura "Papalibros" ( 5º e 6º E.P.). 
Ler para compartir
Ler para socializar
Ler para aprender
Ler para medrar...
Pasouse polas aulas respectivas a folla de inscrición.
Este é resultado:

xoves, 6 de febreiro de 2020

Avanzando na lectura...















...Kusuma cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Aquí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Absortos na lectura

Xa levamos lidos os catro primeiros capítulos do libro escollido para este trimestre.
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que ten que marchar do lugar no que sempre viviu por culpa da acción destrutiva do ser humano. 
Co obxectivo de buscar un mundo mellor para ela e mais para a camada de pitiños que espera, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas...















xoves, 16 de xaneiro de 2020

Iniciamos a lectura "Kusuma"

Hoxe estamos de festa porque empezamos o libro do 2º trimestre que se titula "Kusuma" de Héctor Cajaraville. Celebrámolo, coma sempre, cunha chocolatada con churros. 

















xoves, 9 de xaneiro de 2020

Novo trimestre, nova lectura

Hoxe tivemos a primeira xuntanza deste segundo trimestre na que decidimos cal vai ser o libro que imos papar. Decantámonos por escritoras e escritores galegos. Como a lectura do 1º trimestre foi dunha escritora, decidimos que queriamos cambiar de xénero e escollemos un escritor nado en Santiago de Compostela que ademais é profesor de lingua galega. Estamos a falar de HECTOR CAJARAVILLE ARAÚJO
O libro escollido é: