xoves, 24 de xaneiro de 2019

Lectura papada, merenda preparada!

Xa temos papado o libro de Ledicia Costas "A balada dos unicornios". Esta é a terceira lectura que facemos da autora.
Gustounos moito, recomendámolo!
Celebramos sempre o remate do libro cunha chocolatada con churros. 

xoves, 10 de xaneiro de 2019

Lectura dixital

Rematamos a lectura "A balada dos unicornios" de Ledicia Costas e agora que xa sabemos manexar as tablets e os lectores electrónicos andamos na busca dunha nova lectura pero, desta volta, en formato dixital. Hai varios libros descargados e estamos botando unha ollada por se nos gusta algún.