xoves, 8 de novembro de 2018

Desfrutando...

Este xoves lemos os tres primeiros capítulos:
1) A escola de Artefactos e Oficios
2) A caberna dos Escaravellos
3) O máxico León

xoves, 25 de outubro de 2018

Empezamos a lectura

Xa temos o libro e marcapáxinas, a verdade é que estamos moi ilusionados por empezar... 











xoves, 18 de outubro de 2018

A balada dos unicornios

Xa temos decidida a primeira lectura do noso club: "A balada dos unicornios" premio Lazarillo 2017, de Ledicia Costas.

A escola de Artefactos e Oficios, acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución...e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. 
Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

xoves, 11 de outubro de 2018

Reunión club de lectura

Todos os xoves, o club de lectura xuntarase na biblioteca, na hora de ler. 
Nesta primeira reunión lemos as normas, firmamos o contrato e decidimos, entre todos, a primeira lectura.

xoves, 4 de outubro de 2018

Club de lectura "Papalibros"

Este curso continuamos co club de lectura "Papalibros" ( alumnado de 5º e 6º E.P.). Queren relacionar a  actividade co PDI deste curso "Muller tiña que ser" polo que as lecturas serán de escritoras galegas. 
Compoñen o club 8 alumnas de 5º E.P. e 9 alumnos/as de 6º, o que fai un total de 17.

mércores, 23 de maio de 2018

Lectura dixital na biblioteca

Estamos moi ilusionados porque empezamos coa lectura dixital no club de lectura. Hoxe estamos só os de 5º porque os nosos compañeiros de 6º van de excursión.
O 1º que fixemos foi acceder á páxina da plataforma para personalizar os nosos contrasinais. 
Estivemos mirando o que a plataforma nos ofrece asegurándonos de non cometer o erro de pedir prestado o que non queremos. Vimos un montón de títulos que se ofertan... pero aínda non sabemos como descargalos. Pouco a pouco iremos poñéndonos ó día...

mércores, 2 de maio de 2018

Preparando o traballo final da lectura.

Cando rematamos de ler un libro sempre facemos un mural representativo do mesmo. Como a historia transcurre en Vigo, imos investigar e  buscar información para debuxar o mapa de Vigo e as Illas Cíes.

mércores, 25 de abril de 2018

Lectura papada, merenda preparada.

Xa temos papado o libro de Ledicia Costas "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Esta é a segunda lectura que facemos  da autora. Gustounos moito, recomendámolo!!
O remate do libro sempre o celebramos cunha merenda. Hoxe toca chocolatada con churros. Uhmm!! Que ricoooooo!!

mércores, 11 de abril de 2018

Illas Cies

...Resulta que a súa avoa estase convirtindo pouco a pouco nunha árbore e que para poder realizar a transición completa debe ir a un bosque que se atopa no fondo das Illas Cies, pero só se pode chegar a el por un túnel submarino. Iso será o que expliquen a Verne, Sanjurjo e Pierre cando se reúnan con eles para pedirlles axuda e levar á súa avoa no submarino. Unha empresa complicada, polo delicado e extraño do estado de Melisa, pero que conseguirán levar a cabo. Co que non contaban era que no bosque das mulleres planta atoparíanse con Azucena, a nai de Violeta, que é a guardiana do bosque e que fará todo o posible por que o seu segredo xamás sala á luz. 


mércores, 21 de marzo de 2018

Philipot, o boticario de Vigo

...Resulta que o escritor francés desexa visitar unha pequena botica de Vigo e coñecer ó seu dono, Philipot, pois está seguro de que el ten relación coas mulleres planta. 
Verne, a pesar das negativas do boticario, pronto descubre que Violeta e Melisa, a neta e a muller de Philipot, pertencen a esa antigua e extraña estirpe. 
Tras esa primeira parada, acudirá a continuación ó taller do empresario Sanjurjo, para coñecer o submarino que este home diseñou e fabricou en segredo. Non saberán que Pierre e Violeta vixían  a ambos mentras inspeccionan o aparello, nin que a rapaza, tras coñecer a súa existencia, decide volver á botica e falar diso co seu avó...

mércores, 7 de marzo de 2018

O Saint Michel III atraca en Vigo

O 21 de maio de 1884, o Saint Michel III atraca en Vigo por unha avería na caldeira. Este iate pertence a Jules Verne, que lonxe de ver o incidente como unha contrariedade na súa viaxe cara o Mediterráneo, parece tomalo con moita serenidade. E é que ten unha segreda razón para visitar a cidade galega e a avería provocouna o grumete do seu barco, Pierre, seguindo as súas indicacións. Pero, por que tanto segredo? 

mércores, 21 de febreiro de 2018

Nova lectura

O club xa ten seleccionada a segunda lectura. Decidiron seguir coa mesma autora: Ledicia Costas. O libro que van papar é "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta".
Felices lecturas!

luns, 19 de febreiro de 2018

Coas mans na masa!

O libro que rematamos "Escarlatina, a cociñeira defunta", fala  da amizade, das mascotas, da morte... e da cociña.
Ademais de aventuras terroríficas e personaxes escalofriantes, é un libro de receitas de cociña: empanada, piruletas, magdalenas... A nós a que máis nos gustou foi a do brownie.
Cada un de nós trouxo un ingrediente. Os utensilios xa estaban na cociña do colexio que foi onde fixemos este riquísimo brawnie.
Coas mans na masa...
Humm!! Para chuparse os dedos!!



















Listo para papar!




















Bo proveito!!
O club de lectura "Papalibros" agradece á cociñeira do colexio por deixarnos un anaquiño do seu espazo, polos utensilios prestados e por encargarse de poñer o brawnie no forno.