venres, 19 de xaneiro de 2018

Papado!

Esta semana rematamos o libro de Ledicia Costas "Escarlatina, a cociñeira defunta" premio Merlín de Literatura.
A verdade é que nos gustou moito. O libro é extraordinario, singular, orixinal e cargado de mensaxes que chegan ao corazón. Non hai máis que ler o final do libro, onde insiste na importancia "de perseguir os soños e pelexar por aquilo no que un cre e non renderse xamais fronte as adversidades", aprendizaxe da protagonista herdada do seu avó e decisiva para todos nós.

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Brownie (Hummm!)

O mércores, 10 de xaneiro, tivemos outra reunión "Os papalibros". 

Comentamos a lectura e fixemos eleccións de receitas. A máis votada foi Brownie.