xoves, 23 de xaneiro de 2020

Absortos na lectura

Xa levamos lidos os catro primeiros capítulos do libro escollido para este trimestre.
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que ten que marchar do lugar no que sempre viviu por culpa da acción destrutiva do ser humano. 
Co obxectivo de buscar un mundo mellor para ela e mais para a camada de pitiños que espera, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas...















xoves, 16 de xaneiro de 2020

Iniciamos a lectura "Kusuma"

Hoxe estamos de festa porque empezamos o libro do 2º trimestre que se titula "Kusuma" de Héctor Cajaraville. Celebrámolo, coma sempre, cunha chocolatada con churros. 

















xoves, 9 de xaneiro de 2020

Novo trimestre, nova lectura

Hoxe tivemos a primeira xuntanza deste segundo trimestre na que decidimos cal vai ser o libro que imos papar. Decantámonos por escritoras e escritores galegos. Como a lectura do 1º trimestre foi dunha escritora, decidimos que queriamos cambiar de xénero e escollemos un escritor nado en Santiago de Compostela que ademais é profesor de lingua galega. Estamos a falar de HECTOR CAJARAVILLE ARAÚJO
O libro escollido é: