Neste mes de febreiro xuntáronsenos dous festexos: o Entroido e a
consecución do reto do Pasapalabra.
Como o prometido é débeda: flocos de millo para todos e todas!
Ademáis da comilona, tamén tivemos tempo de descubrir, e mesmo
comezar a ler en voz alta, a nosa segunda lectura do curso: O Inframundo.
Un relato cautivador sobre como unha familia galega fuxe na procura de
acubillo tras un desastre natural sen precedentes.
Podedes ver a actividade desta xuntanza na seguinte ligazón:
Esta obra de Guillelme Denís Castillo Carballa achéganos a algunhas das
máis fermosas paisaxes de Galicia, como son as montañas do Courel, e a
outras que só caben na nosa imaxinación, como as que esconde o
Inframundo.
Así, imos pasar unha boa tempada “Cos pés na terra”, como o noso PDI.