Rematamos a lectura "A balada dos unicornios" de Ledicia Costas e agora que xa sabemos manexar as tablets e os lectores electrónicos andamos na busca dunha nova lectura pero, desta volta, en formato dixital. Hai varios libros descargados e estamos botando unha ollada por se nos gusta algún.
Xa temos decidida a primeira lectura do noso club: "A balada dos unicornios" premio Lazarillo 2017, de Ledicia Costas.
A escola de Artefactos e Oficios, acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución...e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.
Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
Este curso continuamos co club de lectura "Papalibros" ( alumnado de 5º e 6º E.P.). Queren relacionar a actividade co PDI deste curso "Muller tiña que ser" polo que as lecturas serán de escritoras galegas.
Compoñen o club 8 alumnas de 5º E.P. e 9 alumnos/as de 6º, o que fai un total de 17.