mércores, 21 de decembro de 2016

Mecanoscrito da segunda orixe


Os protagonistas son Alba e Dídac.
Alba é unha xoven morena, decidida, intelixente, interesada na medicina, responsable e de pel branca.
Dídac é un xoven de pel negra, intelixente, interesado na mecánica e en conducir diferentes automóbiles.
Resumo: Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos a parella irá evolucionando e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas.

xoves, 6 de outubro de 2016

Club de lectura de 6º


Ola!
Somos "Os lectonautas", o club de lectura de 6º! Este xa é o terceiro curso no que decidimos xuntarnos para compartir o noso gusto pola lectura. 
Empezamos o trimestre con moitas ganas e cun libro que nos recomendou a mestra Isabel: "Mecanoscrito da segunda orixe" de Manuel de Pedrolo. 
Ímolo ler para ir comentando nas tertulias que facemos os xoves, na hora de ler, na biblioteca.

Animádevos, parace moi interesante!
 
Aquí estamos os compoñentes do club de lectura deste curso escolar: Saray R,, Adriana, Ainhoa, Saray D., Laura, Lucía, Sandro, Claudia, Alejandra, Lara, Asier, Miguel e Javier.

FELICES LECTURAS!

venres, 30 de setembro de 2016

Benvidos ao noso blog

Ola a todos! Somos o club de lectura de 6º e decidimos chamarnos "Os lectonautas". Iniciamos esta actividade cando iamos en cuarto, hai dous anos, rematando casi o terceiro trimestre. Estreámonos con Matilda.










Continuamos co club no curso 2015/16... Iniciamos co libro de Fina Casalderrey "O misterio dos fillos de Lúa".

Aquí tedes un vídeo con momentos destes dous cursos pasados: