mércores, 20 de decembro de 2017

Reunións club de lectura

O 13 e o 20  de decembro xuntámonos na biblioteca para comentar os capítulos lidos.
Chegamos xa ao capítulo 8 "Piruletas de chocolate".
No que levamos lido descubrimos que as receitas están moi ben explicadas, unha cociñeira do século XIX, un xoven que soña con ser un gran chef, arañas que falan con acento francés...
De que vai este libro?
Da amizade, da cociña, de mascotas, da morte e do desempleo.
Personaxes: Román, Escarlatina e Lady Horreur .







mércores, 29 de novembro de 2017

Novo curso, novo club de lectura

Nesta primeira reunión decidimos o nome do club e escollemos libro. Somos "Papalibros" e estreámonos con "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas
Tedes información sobre o libro e a autora pinchando sobre as imaxes.                                                                   
Club de lectura de 5º e 6º: "Papalibros"












Felices lecturas!

mércores, 22 de novembro de 2017

Novo club de lectura

Xa temos novo club de lectura de 5º e 6º!


Compoñen o novo club de lectura 11 alumnos de 5º e 7 de 6º, o que fai un total de 18. 
Faremos a primeira xuntanza o mércores, 29 de novembro, na biblioteca na hora de ler. 
Nesta primeira reunión, María José, a coordinadora, explicará que é un club de lectura ( reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reunen unha vez á semana para comentar e dar as opinións sobre os textos lidos). 
Escolleremos o libro co que empezaremos a traballar e decidiremos o nome do club.
Todos os mércores reunirémonos na biblioteca na hora de ler  para comentar o lido por todos os compoñentes do club e para realizar as actividades que se acorden.

martes, 20 de xuño de 2017

Despedida do club de lectura de 6º

Hoxe é a última xuntanza do noso club de lectura de 6º "Os lectonautas". Foi unha experiencia moi enriquecedora, pasámolo ben compartindo lecturas, risas, merendas... 

martes, 18 de abril de 2017

Novo trimestre, nova lectura

O club de lectura de 6º iniciamos unha nova lectura. O libro escollido para este trimestre é "Ringo y el vikingo" de Andrew Matthews.
Ringo ten uns extraños calcetíns que lle regalou a súa tía avoa, bruxa de profesión. Cando os pon, pode suceder de todo. Con eles nos pés é fácil chegar ata o país dos vikingos...

mércores, 22 de marzo de 2017

Rabicún

O libro escollido para o 2º trimestre foi Rabicún de Patricia Barbadillo Griñán.
Rabicún era un pequeño planeta en el que la vida transcurría con sus altos y sus bajos, sus más y sus menos. Había rabicundios ricos y pobres; amables y abusones ( como don Miconendes). Había un gobernante que intentaba dar la razón a quién la tuviera, conforme a unas leyes, a una constitución.