mércores, 29 de novembro de 2017

Novo curso, novo club de lectura

Nesta primeira reunión decidimos o nome do club e escollemos libro. Somos "Papalibros" e estreámonos con "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas
Tedes información sobre o libro e a autora pinchando sobre as imaxes.                                                                   
Club de lectura de 5º e 6º: "Papalibros"












Felices lecturas!

mércores, 22 de novembro de 2017

Novo club de lectura

Xa temos novo club de lectura de 5º e 6º!


Compoñen o novo club de lectura 11 alumnos de 5º e 7 de 6º, o que fai un total de 18. 
Faremos a primeira xuntanza o mércores, 29 de novembro, na biblioteca na hora de ler. 
Nesta primeira reunión, María José, a coordinadora, explicará que é un club de lectura ( reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reunen unha vez á semana para comentar e dar as opinións sobre os textos lidos). 
Escolleremos o libro co que empezaremos a traballar e decidiremos o nome do club.
Todos os mércores reunirémonos na biblioteca na hora de ler  para comentar o lido por todos os compoñentes do club e para realizar as actividades que se acorden.