xoves, 28 de febreiro de 2019

Nova lectura: "Volverás, golfiño" ( Andrea Maceiras)

Todas as lecturas deste curso escolar están relacionadas co proxecto anual, por iso todas son de escritoras galegas. 
Xa temos decidida a próxima lectura. 
Despois de moito deliberar, decantámonos por Andrea Maceiras
 A lectura escollida é: 
A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí, as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicablemente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con  lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida, onde, en ocasións, nadan os golfiños.

venres, 22 de febreiro de 2019

"Papalibros" conta sobre Rosalía

O club de lectura "Papalibros" participamos na celebración do Día de Rosalía". Iniciamos o acto contando algunhas cousas importantes sobre a escritora.

xoves, 14 de febreiro de 2019

Mural "A balada dos unicornios"




Cando rematamos a lectura do libro, o equipo organízase para elaborar un mural representativo do mesmo.





Preme na imaxe se queres ver fotos da actividade.