xoves, 28 de febreiro de 2019

Nova lectura: "Volverás, golfiño" ( Andrea Maceiras)

Todas as lecturas deste curso escolar están relacionadas co proxecto anual, por iso todas son de escritoras galegas. 
Xa temos decidida a próxima lectura. 
Despois de moito deliberar, decantámonos por Andrea Maceiras
 A lectura escollida é: 
A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí, as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicablemente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con  lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida, onde, en ocasións, nadan os golfiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario