martes, 7 de maio de 2019

Andrea Maceiras, unha visita moi especial

O martes 7 de maio tivemos a honra de que a escritora Andrea Maceiras visitara a nosa biblioteca. 
Foi unha tarde moi especial para o club de lectura de 5º e 6º E.P. "Papalibros" que leron este trimestre unha obra súa "Volverás golfiño" e para os compañeiros de curso que desfrutaron tamén deste gran momento.



O club de lectura buscou información sobre a autora e preparou unha presentación para os compañeiros de 5º e 6º E.P. que non están no club de lectura.:
Todos escoitaron con moita atención o que a escritora contaba: como comezou a súa carreira, anécdotas... e fixéronlle moitas preguntas..

Chegou o momento da entrega dos agasallos que con moito cariño fixo o club de lectura. 

No libro de visitas deixounos unha dedicatoria moi bonita e firmou e dedicou cada un dos libros do alumnado do club.
Para ver fotos da actividade preme na imaxe:
Queremos agradecerlle a Xerais e en especial a Andrea Maceiras, a súa visita, as súas palabras e a súa amabilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario