xoves, 12 de decembro de 2019

Rematamos a lectura "A cazadora de estrelas"

Aquí estamos na última sesión deste trimestre compartindo os últimos capítulos da lectura "A cazadora de estrelas".
...A Megumi dáballe igual os asuntos de Zeus, e ademais sempre sospeitara moito do que se facía coas estrelas no observatorio. Decidiu entrar nun camión ás escondidas e ao ver o observatorio descubriu que alí trataban fatal ás estrelas.
Megumi foi de camiño á casa consistorial. Alí tivo unha reunión co máximo mandatario da comunidade e díxolle que seguía formando parte da comunidade.
Os dous sabían do observatorio e tamén o do cepo de Zeus. Os dous presentáronse para ser alcaldes da comunidade e conseguírono. Reemplazaron aos traballadores do observatorio. Tamén, gracias a Megumi, déronlle outra oportunidade a Zeus.
O libro encantounos e recomendámolo porque é un moi entretido, porque aprendes a perdoar ás persoas e se lle pos empeño podes conseguir o que queiras. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario