Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 5º e 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 5º e 6º. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de febreiro de 2022

María Canosa na nosa biblioteca

Esta semana contamos cunha visita moi especial na nosa bibliteca. María Canosa tivo dous encontros co club de lectura: o xoves 17 de febreiro co grupo de 5º E.P. e o venres co de 6º EP. Todo o alumnado estaba moi ilusionado e con moitas ganas de coñecela.


17 de febreiro ( 5º E.P.)

18 de febreiro ( 6º E.P.)


venres, 26 de novembro de 2021

Primeiro encontro do club de lectura "Papalibros"

Este curso participamos na convocatoria de clubs de lectura que por primeira vez ampliouse aos centros de primaria. 

O 19 de novembro saíu a resolución da convocatoria e estamos admitidos.

O 25 e 26 de novembro celebramos a nosa primeira reunión.

Explicouse a convocatoria  e  escollemos a lectura do primeiro trimestre presentando ao alumnado a sinopse de cinco libros. Fíxose votación. 
Tamén se entregou un deseño de marcapáxinas para que o alumnado o personalice. 

XOVES, 25 DE NOVEMBRO ( Grupo1- 5º E.P.)


VENRES, 26 DE NOVEMBRO ( 6º E.P.)