venres, 29 de abril de 2022

Nova lectura " Conta nove estrelas" ( Andrea Maceiras)

Esta semana o grupo de 5º E.P. non tivo reunión porque a coordinadora deste grupo está de baixa. O grupo de 6º E.P fixo a xuntanza fóra, no patio. 

O libro escollido para este trimestre é "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras. 

Como aínda non temos os libros, buscamos información en internet sobre a escritora e aquí estamos comentando e compartindo cousiñas da súa vida. 
Tamén desfrutamos da lectura do primeiro capítulo lido pola propia escritora. 

venres, 22 de abril de 2022

Novo trimestre, nova lectura

Como a biblioteca está pechada, e o bo tempo non acompaña decidimos facer as xuntanzas sentados no chan, nun recuncho do cole. Na reunión fíxose un resumo xeral do libro lido no trimestre anterior e decidiuse a seguinte lectura. 

Grupo 5º E.P. ( xoves, 21 de abril)

Grupo 6º E.P. ( venres 22 de abril)

venres, 1 de abril de 2022

Último encontro na biblioteca ( 2º T.)

O xoves 31 de marzo e o venres 1 de abril foron as derradeiras xuntanzas do club na biblioteca porque na vindeira semana pecha a biblioteca porque inician as reformas. No terceiro trimestre as xuntanzas serán no patio ou nas aulas.  

Grupo 5º E.P. ( xoves, 31 de marzo)

Comentaron e compartiron os últimos capítulos da lectura deste trimestre. 


Grupo 6º E.P. ( venres, 1 de abril)

Compartiron os últimos capítulos da lectura.


Gustoulles tanto "A señorita Bubble"  que recomendan a súa lectura.