venres, 29 de abril de 2022

Nova lectura " Conta nove estrelas" ( Andrea Maceiras)

Esta semana o grupo de 5º E.P. non tivo reunión porque a coordinadora deste grupo está de baixa. O grupo de 6º E.P fixo a xuntanza fóra, no patio. 

O libro escollido para este trimestre é "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras. 

Como aínda non temos os libros, buscamos información en internet sobre a escritora e aquí estamos comentando e compartindo cousiñas da súa vida. 
Tamén desfrutamos da lectura do primeiro capítulo lido pola propia escritora. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario