O xoves 13 de xuño o club de lectura accedeu á plataforma dixital a través do blog da biblioteca. Entraron co seu contrasinal e observaron os libros que se ofertaban. Os 20 minutos non chegaron a nada...
xoves, 13 de xuño de 2019
martes, 7 de maio de 2019
Andrea Maceiras, unha visita moi especial
O club de lectura buscou información sobre a autora e preparou unha presentación para os compañeiros de 5º e 6º E.P. que non están no club de lectura.:
Todos escoitaron con moita atención o que a escritora contaba: como comezou a súa carreira, anécdotas... e fixéronlle moitas preguntas..
Chegou o momento da entrega dos agasallos que con moito cariño fixo o club de lectura.
No libro de visitas deixounos unha dedicatoria moi bonita e firmou e dedicou cada un dos libros do alumnado do club.
Para ver fotos da actividade preme na imaxe:
Queremos agradecerlle a Xerais e en especial a Andrea Maceiras, a súa visita, as súas palabras e a súa amabilidade.
xoves, 25 de abril de 2019
Deseñando o cartel para Andrea Maceiras
As encargadas da elaboración do cartel de Andrea Maceiras foron Gabriela, Shamira ( nova compoñente do club), Noa e Candela. Nos recreos xuntáronse na biblioteca para buscar información sobre a autora.
Así de chulo lles quedou:
Preme na imaxe para ver fotos da actividade:
xoves, 11 de abril de 2019
Marcapáxinas
Johana e Alba encargáronse de facer o marcapáxinas para "Andrea Maceiras". Tatiana axudoulles a pintalo.
xoves, 4 de abril de 2019
Temos unha moi boa noticia
Queremos ter un detalle con ela porque nos gustou moito o seu libro. Na reunión de hoxe saíron moitas ideas... Acordamos facerlle un marcapáxinas personalizado e un pequeno cartel para poñer na entrada da biblioteca no recuncho de novidades.
xoves, 28 de marzo de 2019
xoves, 7 de marzo de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)