xoves, 9 de xaneiro de 2020

Novo trimestre, nova lectura

Hoxe tivemos a primeira xuntanza deste segundo trimestre na que decidimos cal vai ser o libro que imos papar. Decantámonos por escritoras e escritores galegos. Como a lectura do 1º trimestre foi dunha escritora, decidimos que queriamos cambiar de xénero e escollemos un escritor nado en Santiago de Compostela que ademais é profesor de lingua galega. Estamos a falar de HECTOR CAJARAVILLE ARAÚJO
O libro escollido é:

xoves, 19 de decembro de 2019

O noso mural "A cazadora de estrelas"

Cando rematamos a lectura facemos sempre un mural representativo do libro lido. 
A verdade é que nos levou tempo pero quedounos chulísimo. Cando veña María Canosa, a autora do libro, seguro que lle vai gustar. Eso esperamos!!
Premendo na imaxe accederás ás fotos.

xoves, 12 de decembro de 2019

Rematamos a lectura "A cazadora de estrelas"

Aquí estamos na última sesión deste trimestre compartindo os últimos capítulos da lectura "A cazadora de estrelas".
...A Megumi dáballe igual os asuntos de Zeus, e ademais sempre sospeitara moito do que se facía coas estrelas no observatorio. Decidiu entrar nun camión ás escondidas e ao ver o observatorio descubriu que alí trataban fatal ás estrelas.
Megumi foi de camiño á casa consistorial. Alí tivo unha reunión co máximo mandatario da comunidade e díxolle que seguía formando parte da comunidade.
Os dous sabían do observatorio e tamén o do cepo de Zeus. Os dous presentáronse para ser alcaldes da comunidade e conseguírono. Reemplazaron aos traballadores do observatorio. Tamén, gracias a Megumi, déronlle outra oportunidade a Zeus.
O libro encantounos e recomendámolo porque é un moi entretido, porque aprendes a perdoar ás persoas e se lle pos empeño podes conseguir o que queiras. 

xoves, 5 de decembro de 2019

Seguimos avanzando na lectura

Aquí estamos un xoves más compartindo a lectura do libro "A cazadora de estrelas".
...Un día Zeus puxo un cepo para dañar a egua de Megumi, para que non poidese cazar, así sería el o mellor.
Megumi foi ó veterinario con Turrón. Nunca tivera tanto medo porque era a primeira vez. Despois dun rato, a amazona puido saber que  ver xa non podería cazar máis con ela. Sospeitaba que era obra de Zeus, así que propuxo demostralo nçante a súa comunidade. Megumi tinguiu o pelo de cor negra e non fixo caso á orde dos seus superiores de buscarse unha nova egua para as súas cacerías, polo que foi expulsada da comunidade, xa que as mulleres deberían ser loiras, só podían ser morenos o homes...

xoves, 28 de novembro de 2019

Inmersos na lectura

Xa imos no quinto capítulo do libro. Estamos desfrutando da lectura, o libro escollido foi un acerto. A maior parte dos membros do club están superenganchados. 


Megumi é unha cazadora de estrelas que vive nunha comunidade de cazadores e cazadoras. É unha das mellores ou quizás a mellor cazadora pero ten un opoñente chamado Zeus que cabalga cun cabalo chamado Marte.
Megumi en unha egua por compañeira que se chama Turrón. 
As frechas de Megumi son de cor lila, xusto a que está entre o azul e o rosa, nunca aceptaba frechas doutra cor...

xoves, 14 de novembro de 2019

xoves, 7 de novembro de 2019

"A cazadora de estrelas"

O xoves 7 de novembro tivemos a primeira xuntanza do club de lectura. Entre todos decidimos que a lectura do primeiro trimestre  vai ser "A CAZADORA DE ESTRELAS" de MARÍA CANOSA