luns, 21 de outubro de 2019

1º Reunión club de lectura

As xuntanza do club faranse todos os xoves na Hora de Ler na biblioteca. Trataremos de relacionar a actividade co PDI "Os nosos oficios".
Nesta Nesta primeira reunión temos previsto:
 - Ler as normas
 - Firmar o contrato
- Decidir entre todos a primeira lectura.  
- Levar a nota informativa para as familias.

luns, 14 de outubro de 2019

"Papalibros" curso 2019/20

O club de lectura "Papalibros" empeza unha nova andadura este curso escolar con, nada máis e nada menos que 30 compoñentes ( 14 alumnos/as de 5º e 16 de 6º E.P.).
Xuntaranse todos os xoves, na Hora de Ler, na biblioteca.







xoves, 20 de xuño de 2019

Última xuntanza deste curso

O xoves 20 de xuño fixemos a última xuntanza. Despedimos aos de 6º que estaban moi tristes porque aquí remataba a súa andadura no club de lectura. 

xoves, 13 de xuño de 2019

Plataforma dixital

O xoves 13 de xuño o club de lectura accedeu á plataforma dixital a través do blog da biblioteca. Entraron co seu contrasinal e observaron os libros que se ofertaban. Os 20 minutos non chegaron a nada...

martes, 7 de maio de 2019

Andrea Maceiras, unha visita moi especial

O martes 7 de maio tivemos a honra de que a escritora Andrea Maceiras visitara a nosa biblioteca. 
Foi unha tarde moi especial para o club de lectura de 5º e 6º E.P. "Papalibros" que leron este trimestre unha obra súa "Volverás golfiño" e para os compañeiros de curso que desfrutaron tamén deste gran momento.



O club de lectura buscou información sobre a autora e preparou unha presentación para os compañeiros de 5º e 6º E.P. que non están no club de lectura.:
Todos escoitaron con moita atención o que a escritora contaba: como comezou a súa carreira, anécdotas... e fixéronlle moitas preguntas..

Chegou o momento da entrega dos agasallos que con moito cariño fixo o club de lectura. 

No libro de visitas deixounos unha dedicatoria moi bonita e firmou e dedicou cada un dos libros do alumnado do club.
Para ver fotos da actividade preme na imaxe:
Queremos agradecerlle a Xerais e en especial a Andrea Maceiras, a súa visita, as súas palabras e a súa amabilidade.

xoves, 25 de abril de 2019

Deseñando o cartel para Andrea Maceiras

As encargadas da elaboración do cartel de Andrea Maceiras foron Gabriela, Shamira ( nova compoñente do club), Noa e Candela. Nos recreos xuntáronse na biblioteca para buscar información sobre a autora.

Así de chulo lles quedou:
Preme na imaxe para ver fotos da actividade:

xoves, 11 de abril de 2019

Marcapáxinas

Johana e Alba encargáronse de facer o marcapáxinas para "Andrea Maceiras". Tatiana axudoulles a pintalo.