O 10 de xuño celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións ( Santiago de Compostela) a XIV Xornada dos Clubs de Lectura.
Desde o curso 2007 ata o 2021 a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incentivaba o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollían ensinanzas de secundaria, bacharelato e formación profesional.
Neste curso escolar ampliouse a convocatoria aos centros de primaria. Dada a nosa traxectoria en clubs de lectura (desde o curso 2014/15) decidimos, con moita ilusión, solicitar a participación neste proxecto e fomos admitidos.
Do noso centro asistiu María José Abelleira Pequeño, responsable da biblioteca escolar e unha das coordinadoras do club de lectura "Papalibros" ( 5º- 6º E.P.)
Premendo na imaxe, accederás á información de todas as actividades realizadas nesta estimulante e enriquecedora xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario