O pasado luns día 20 de xuño, o alumnado do club de lectura "Papalibros" de 5º e 6º E.P. desfrutou dun taller colaborativo na man da ilustradora Laura Suárez titulado "Imaxinario na literatura galega".
Baseándose nas temáticas dos libros lidos este curso escolar ( "O que nunca che contaron" de María Canosa; " A señorita Bubble" de Ledicia Costas; "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras) o alumnado escolleu unha historia-zona dun dos libros lidos e realizou unha ilustración. Ao remate da actividade, presentaron as ilustracións e expuxéronnas nun dos corredores do colexio.
A actividade realizouse na biblioteca en horario de 9.30 a 11.00h.
Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade.
Expoñendo...
Aquí remata este marabilloso taller no que Laura anima a todo o alumnado do Club de lectura a que nunca deixen de experimentar no mundo artístico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario