Amosando publicacións coa etiqueta Papalibros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Papalibros. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2026

Unha doce despedida

 

E case sen decatarnos chegou a última sesión do Club de Lectura Papalibros. Tras tres lecturas, moitas charlas, obradoiros, flocos de millos, pasapalabras e recollidas de alimentos, poñemos punto e final as nosas xuntanzas neste curso 2025-2026.

Como ides comprobar nas fotos, o noso último encontro non nos deixou mal sabor de boca… todo o contrario! Gozamos dunha merendiña, ben merecida, por certo, mentres limos as respostas que María Canosa dou ás nosas preguntas.







Vémonos o curso que vén! Pasade bo verán e recargade pilas!

xoves, 6 de novembro de 2025

PAPALIBROS 2025-2026

Hoxe, xoves 6 de novembro, damos inicio a unha nova aventura do Club de Lectura “Papalibros”. Este curso escolar contamos con 14 alumnos e alumnas dispostos a “soñar cos ollos abertos” e compartir tan máxica experiencia cos seus compañeiros/as un ratiño á semana.

O noso primeiro encontro dou moito de si!

Comezamos coñecendo e asinando as normas do Club, pois estamos a adquirir un compromiso que requerirá de amosar responsabilidade ao longo do curso.

Posteriormente abordamos a organización das sesións, saíndo escollido democráticamente como día de reunión o XOVES. Aproveitamos a ocasión para dividirnos en dous grupos de traballo e finalizamos cunha gran escolla “a cegas”: a nosa primeira lectura do curso, moi relacionada con noso PDI de centro sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

María Canosa e a súa obra “As pombas de Bastián” acompañaránnos durante este primer trimestre. Estamos desexando comezar!




martes, 5 de novembro de 2024

Estamos de volta!

 Tras recargar pilas durante o verán e superar o inicio de curso, o Club de Lectura “Papalibros” inicia unha nova andaina.


Esta vez sumáronse á aventura 16 alumnos/as de 5º e 6º EP,


polo que nos tivemos que organizar en dous grupiños de oito.



Os martes de 14:00 a 14:30 hs quedan reservados 


para gozar descubrindo e compartindo novos mundos.




Estamos desexando comezar a nosa primeira lectura!







venres, 8 de outubro de 2021

"Papalibros" 2021/22

O club de lectura "Papalibros" empeza unha nova andadura este curso escolar.

Compoñen o club 26 nenos e nenas ( 20 de 5º e 6 de 6º). 

5º E.P.

6º E.P.
Dado que o número de alumnado participante en 5º é moi elevado, faranse dous grupos de 10 alumnos/as. Polo tanto, haberá tres grupos: dous de 5º e un de 6º. 

As xuntanzas do club serán na biblioteca. 

As reunións terán unha frecuencia semanal para o grupo de 6º e quincenal para o grupo de 5º, repartido en dous subgrupos. Para a súa realización empregaranse os tempos de recreo do xantar. 

A actividade iniciará no mes do novembro.