Amosando publicacións coa etiqueta Retos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Retos. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de marzo de 2026

Retos de Lectura Cooperativos

 

Seguimos coas sesións de traballo sobre “O Neno Can”. Posto que a proposta dos Retos de lectura tivo moi boa acollida e derivou en resultados moi positivos, esta semana fixemos unha nova rolda.

Nesta ocasión os retos eran cooperativos e tiveron dúas temáticas.

O Grupo 1 profundou sobre o capítulo 5 da nosa lectura e as actividades abordaron o tema da discapacidade e as barreiras sociais. Así, as alumnas de 6º EP convertéronse en guías dando instrucións únicamente verbais para recrear diferentes posturas de baile, adoptaron o rol de arquitectas e trataron de eliminar posibles barreiras arquitectónicas presentes no centro e, por último, crearon un acróstico coa palabra discapacidade. Compartimos con vos esta experiencia:





Por outra banda, o Grupo 2 puxo o foco no capítulo 4, no que Leila, unha nena de 12 anos, é obrigada a casarse cun home moito máis maior que apenas coñece. Partindo desta historia o alumnado de 5º EP comprobou se realmente coñecía os seus dereitos, xogaron co poder da palabra tentando adiviñar o que estaban a definir os seus compañeiros/as e crearon o acróstico de Valentía. Aquí vos deixamos imaxes da sesión: