Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2026

PASAPALABRA

 

Tal e como adiantamos fai uns días, levamos tempo enredados na creación dun Pasapalabra cooperativo sobre Microalgas entre os grupos 1 e 2 do Club de Lectura

Puxémonos o reto de chegar a 20 acertos, de 24 definicións en total. Credes que o conseguimos? Dádelle ao play para comprobalo!


PASAPALABRA MICROALGAS - CLUB DE LECTURA


E así nos despedimos da última lectura do curso!


xoves, 19 de marzo de 2026

Retos de Lectura Cooperativos

 

Seguimos coas sesións de traballo sobre “O Neno Can”. Posto que a proposta dos Retos de lectura tivo moi boa acollida e derivou en resultados moi positivos, esta semana fixemos unha nova rolda.

Nesta ocasión os retos eran cooperativos e tiveron dúas temáticas.

O Grupo 1 profundou sobre o capítulo 5 da nosa lectura e as actividades abordaron o tema da discapacidade e as barreiras sociais. Así, as alumnas de 6º EP convertéronse en guías dando instrucións únicamente verbais para recrear diferentes posturas de baile, adoptaron o rol de arquitectas e trataron de eliminar posibles barreiras arquitectónicas presentes no centro e, por último, crearon un acróstico coa palabra discapacidade. Compartimos con vos esta experiencia:





Por outra banda, o Grupo 2 puxo o foco no capítulo 4, no que Leila, unha nena de 12 anos, é obrigada a casarse cun home moito máis maior que apenas coñece. Partindo desta historia o alumnado de 5º EP comprobou se realmente coñecía os seus dereitos, xogaron co poder da palabra tentando adiviñar o que estaban a definir os seus compañeiros/as e crearon o acróstico de Valentía. Aquí vos deixamos imaxes da sesión:






xoves, 22 de xaneiro de 2026

Flocos de millo para despedir "As Pombas de Bastián"

 

Comezamos o segundo trimestre poñendo punto e final á lectura de “As pombas de Bastián”. Fixémolo en grupo, compartindo cos compañeiros/as as impresións e reflexións sobre o final desta entrañable historia. Como non podía ser doutra maneira, seguimos a nosa tradición de acompañar esta charla con flocos de millo. Deixámosvos por aquí algunha foto… non é a nosa intención dar envexa! Sentímolo!





Por certo, a nosa opinión sobre o libro quedou escrita nunhas fermosas pombas de papel feitas a man. Con elas decoraremos o noso Club para ter sempre presentes a Minia e a Bastián, e o valor da amizade.





xoves, 18 de xaneiro de 2024

Lectura en grupo

 

A terceira, cuarta e quinta sesión do Club de Lectura dedicámolas á lectura en voz alta do noso cómic. Así, coñecer o día a día dunha familia no Castro de Baroña permitiunos debater e comentar aspectos tan importantes como o papel da muller ou comparar a vida castrexa coa actual.