xoves, 27 de febreiro de 2025

Entroido no Inframundo

 Neste mes de febreiro xuntáronsenos dous festexos: o Entroido e a

consecución do reto do Pasapalabra.



Como o prometido é débeda: flocos de millo para todos e todas!








Ademáis da comilona, tamén tivemos tempo de descubrir, e mesmo


comezar a ler en voz alta, a nosa segunda lectura do curso: O Inframundo.


Un relato cautivador sobre como unha familia galega fuxe na procura de


acubillo tras un desastre natural sen precedentes.


Podedes ver a actividade desta xuntanza na seguinte ligazón:




LECTURA GRUPAL INFRAMUNDO



Esta obra de Guillelme Denís Castillo Carballa achéganos a algunhas das


máis fermosas paisaxes de Galicia, como son as montañas do Courel, e a


outras que só caben na nosa imaxinación, como as que esconde o


Inframundo.



Así, imos pasar unha boa tempada “Cos pés na terra”, como o noso PDI.



martes, 25 de febreiro de 2025

PASAPALABRA


 1, 2, 3… cámaras e acción! Coas definicións e o rosco preparados, as

seguintes sesións adicámolas á gravación do noso Pasapalabra. 


O obxectivo: conseguir entre os dous grupos 20 acertos.




Accede á seguinte  ligazón para saber que tal se nos dou!



PASAPALABRA CALPURNIA



martes, 21 de xaneiro de 2025

Mans á obra!

 

Unha vez redactadas todas as definicións do noso Pasapalabra chega a

parte máis práctica: a creación do Rosco.



Tras varias sesións de manualidades nas que o traballo cooperativo resultou


fundamental, logramos elaborar un rosco ben xeitoso, ou polo menos iso é


o que pensamos nós…



Vós que opinades?





martes, 10 de decembro de 2024

Calpurnia

Xa temos escollida a primeira lectura do curso: CALPURNIA.


Un cómic ilustrado por Daphné Collignon que encaixa á perfección coa


temática do noso Proxecto Documental Integrado de centro, “Cos pés na terra". 




Nesta historia acompañamos a Calpurnia, unha nena de 11 anos


que amosa moita curiosidade polo mundo animal e vexetal e desexa


convertirse en naturalista, seguindo o exemplo do seu avó.






Tras enfrascarnos nesta apaixonante lectura e compartir as nosas reflexións


cos compañeiros/as poñemos en marcha o noso seguinte reto: elaborar un


Pasapalabra baseado na temática do libro.



Por onde comezamos? En parellas, sorteamos e distribuímos as letras do


abecedario para redactar a definición de tres palabras que comecen por


cada unha delas.







martes, 12 de novembro de 2024

LEONAS E PUCHAINAS LECTORAS



 Como non podía ser doutro xeito, comezamos lendo e deixando claras as normas do Club de Lectura, imprescindibles para poder desenvolver as diferentes propostas e actividades de maneira axeitada.








Unha vez comprometidos/as con elas, 


damos paso á primeira tarefa grupal:


escoller un nome e unha imaxe que identifique a cada grupo.



Estes foron os maravillosos resultados:

















martes, 5 de novembro de 2024

Estamos de volta!

 Tras recargar pilas durante o verán e superar o inicio de curso, o Club de Lectura “Papalibros” inicia unha nova andaina.


Esta vez sumáronse á aventura 16 alumnos/as de 5º e 6º EP,


polo que nos tivemos que organizar en dous grupiños de oito.



Os martes de 14:00 a 14:30 hs quedan reservados 


para gozar descubrindo e compartindo novos mundos.




Estamos desexando comezar a nosa primeira lectura!







mércores, 19 de xuño de 2024

Despedida no Castro de Montes Claros!

 

Este xoves 20 de xuño o alumnado do Club de Lectura realizou unha saída ao Castro de Montes Claros, situado na Laracha. Tras somerxernos de cheo no Castro de Baroña cos Barbanzóns ou seguir as aventuras de Venres e os seus compañeiros/as para rescatar o Torque de Burela, chegou o momento de experimentar en primeira persoa a vida castrexa. Isto foi posible grazas a Puri Soto, arqueóloga e xefa das excavacións en Montes Claros, quen nos guiou nesta visita descubríndonos os segredos mellor gardados dos nosos devanceiros.

Aínda que o tempo non acompañou, gozamos moito despedíndonos do Club de Lectura ata o vindeiro curso!