venres, 17 de decembro de 2021

Empezamos a lectura

Na xuntanza do 16 e 17 de decembro os compoñentes do club asinaron o contrato e iniciaron a lectura do libro. Dado que estamos na última sesión deste trimestre, acordouse ler o libro nas vacacións de Nadal.

Xoves, 16 de decembro ( Grupo 2 - 5º E.P.)

Lendo o contrato para logo asinalo.

Iniciando a lectura...
Venres, 17 de decembro ( 6º E.P.)
Mostrando os cadernos viaxeiros.
Os marcapáxinas
Firmando o contrato
Iniciando a lectura...

mércores, 15 de decembro de 2021

Chegaron os libros!

Xa temos á nosa disposición o lote de libros 

"O que nunca che contaron" de María Canosa. 

Xa están catalogados así que faremos o reparto nas xuntanzas do 16 e 17 de decembro.

Aquí temos a María Canosa lendo un anaquiño do seu libro.

-

venres, 10 de decembro de 2021

Preparando cadernos viaxeiros

Como aínda non chegaron os libros, esta semana, cada membro do club elaborará o seu caderno viaxeiro. 

XOVES, 9 DE DECEMBRO ( Grupo 1- 5º E.P.)

Susana, vai indicando os pasos para crear o caderno viaxeiro.
Preme na imaxe para ver fotos da actividade
Remata esta reunión mostrando o libro gañador e lendo un anaquiño do primeiro capítulo. 
VENRES, 10 DE DECEMBRO ( 6º E.P.)
María José vai indicando os pasos para crear o caderno viaxeiro.
Preme na imaxe para acceder ás fotos da actividade

venres, 3 de decembro de 2021

"O que nunca che contaron" ( María Canosa)

Estaba pendente de facer a votación sobre a sipnose dos cinco libros, o 2º grupo de 5º E.P. 

XOVES, 2 DE DECEMBRO ( Grupo 2 de 5º E.P.)

VENRES, 3 DE DECEMBRO (6º E.P.)

O grupo de 6º leu, de novo, a sipnose dos cinco libros porque Noa, unha compoñente do club, non puido asistir a semana pasada.

Despois da votación de Noa, xa soubemos cal era o libro gañador: "O que nunca che contaron" ( María Canosa)

venres, 26 de novembro de 2021

Primeiro encontro do club de lectura "Papalibros"

Este curso participamos na convocatoria de clubs de lectura que por primeira vez ampliouse aos centros de primaria. 

O 19 de novembro saíu a resolución da convocatoria e estamos admitidos.

O 25 e 26 de novembro celebramos a nosa primeira reunión.

Explicouse a convocatoria  e  escollemos a lectura do primeiro trimestre presentando ao alumnado a sinopse de cinco libros. Fíxose votación. 
Tamén se entregou un deseño de marcapáxinas para que o alumnado o personalice. 

XOVES, 25 DE NOVEMBRO ( Grupo1- 5º E.P.)


VENRES, 26 DE NOVEMBRO ( 6º E.P.)

venres, 19 de novembro de 2021

Boas noticias!

No mes de outubro presentamos a solicitude para participar na convocatoria de Clubs de Lectura, que este curso, por primeira vez, inclue Primaria. 

O 19 de novembro saíu a convocatoria e estamos admitidos polo que as coordinadoras do club, Susana e María José,  reuníronse para darlle forma á primeira xuntanza do club que será na vindeira semana, o 25 e 26 de novembro. 

Elaboráronse os materiais que se utilizarán na primeira xuntanza do club e fíxose a distribución do grupo de 5º en dous subgrupos

Materiais:

SIPNOSE PARA A ESCOLLA DO LIBRO ( 1º T.)

VOTACIÓN

MARCAPÁXINAS

venres, 8 de outubro de 2021

"Papalibros" 2021/22

O club de lectura "Papalibros" empeza unha nova andadura este curso escolar.

Compoñen o club 26 nenos e nenas ( 20 de 5º e 6 de 6º). 

5º E.P.

6º E.P.
Dado que o número de alumnado participante en 5º é moi elevado, faranse dous grupos de 10 alumnos/as. Polo tanto, haberá tres grupos: dous de 5º e un de 6º. 

As xuntanzas do club serán na biblioteca. 

As reunións terán unha frecuencia semanal para o grupo de 6º e quincenal para o grupo de 5º, repartido en dous subgrupos. Para a súa realización empregaranse os tempos de recreo do xantar. 

A actividade iniciará no mes do novembro. 

luns, 4 de outubro de 2021

Inscrición club de lectura "Papalibros" curso 2021/22

Este curso escolar saíu unha convocatoria para clubs de lectura de Primaria. Dado que temos un club de lectura creado no curso 2017/18 imos facer a solicitude para participar nesta convocatoria. 

Na semana do 20 ao 24 de setembro, o alumnado de 5º e 6º tiveron unha reunión coa responsable da biblioteca para explicarlles en que consiste esta convocatoria. 

Despois pasóuselles unha folla de inscrición. Este é o resultado:


venres, 14 de maio de 2021

Encontro virtual con Héctor Cajaraville

O venres 14 de maio, o alumnado do club de lectura de 5º e 6º E.P. desfrutamos dun encontro virtual co escritor Héctor Cajaraville, autor do libro que estamos a ler este trimestre, "Kusuma". 


















Fixémoslle moitas preguntas ao autor sobre a temática, personaxes... e sobre todo aquilo que nos suxeriu a súa lectura. 

Estamos moi contentos e ilusionados porque o autor vainos asinar os nosos exemplares.
Agradecemos a Héctor Cajaraville a súa simpatía e amabilidade o mesmo que á editorial Xerais por facilitarnos este encontro virtual. 

mércores, 5 de maio de 2021

A todo dar...

Xa levamos lidos os catro primeiros capítulos do libro escollido para este trimestre.
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que ten que marchar do lugar no que sempre viviu por culpa da acción destrutiva do ser humano. 
Co obxectivo de buscar un mundo mellor para ela e mais para a camada de pitiños que espera, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas...

xoves, 29 de abril de 2021

Novo trimestre, nova lectura

Xa temos claro cal vai ser o libro que imos "papar" neste terceiro trimestre. Escollemos un escritor nado en Santiago de Compostela que ademais é profesor de Lingua Galega. Estamos a falar de HECTOR CAJARAVILLE ARAÚJO
O libro escollido é:

luns, 12 de abril de 2021

Encontro virtual con María Canosa, autora de "Muriel"

Chegou a data tan esperada por todos nós, o luns 12 de abril. Estabamos contando os días... e por fín está connosco, por vídeoconferencia, María Canosa, a autora do libro "Muriel".

Fixémoslle moitas preguntas e todos escoitamos con moita atención o que a escritora contaba: como comezou a súa carreira, en que se inspirou cando escribiu o libro, anécdotas... 

Estamos moi contentos e ilusionados porque María propuxo ás coordinadoras do club que lle levaran todos os nosos exemplares para asinalos. 

Queremos agradecerlle a Xerais e en especial a María Canosa por este marabilloso encontro virtual, polas súas palabras... pola súa simpatía e amabilidade.