Amosando publicacións coa etiqueta Laura Suárez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Laura Suárez. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2026

Estamos de mudanza!

 

Sí, tal e como adiantamos no título desta entrada, o Club de Lectura cambia de aula. O noso novo fogar é moito máis pequeno e acolledor e nos aporta a tranquilidade necesaria para desconectar do mundo gozando coa lectura.

Para comezar a personalizar este novo espazo nada mellor que decoralo en relación a “O neno can”. Así, puxémonos en contacto coa muralista Laura Suárez e encargámoslle un mural para a nosa aula cunha temática clara: a infancia e os seus dereitos.

As nosas ideas e o seu talento e creatividade deron como resultado esta marabilla:








Moitas grazas, Laura! Un pracer coñecerte e gozar da túa arte!


luns, 20 de xuño de 2022

"A maxia da ilustración"

O pasado luns día 20 de xuño, o alumnado do club de lectura "Papalibros" de 5º e 6º E.P. desfrutou dun taller colaborativo na man da  ilustradora Laura Suárez titulado "Imaxinario na literatura galega". 

Baseándose nas temáticas dos libros lidos este curso escolar ( "O que nunca che contaron" de María Canosa; " A señorita Bubble" de Ledicia Costas; "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras) o alumnado escolleu unha historia-zona dun dos libros lidos e  realizou unha ilustración. Ao remate da actividade, presentaron as ilustracións e expuxéronnas nun dos corredores do colexio. 

A actividade realizouse na biblioteca en horario de 9.30 a 11.00h.

Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade.

Ilustrando...

Expoñendo...

Aquí remata este marabilloso taller no que Laura anima a todo o alumnado do Club de lectura a que nunca deixen de experimentar no mundo artístico.
GRAZAS