Nas sesións número 6, 7, 8 e 9
puxémonos mans á obra na elaboración dun mural que recollese o traballo feito
ata agora. Para iso, comezamos deixando por escrito a nosa valoración persoal
sobre a lectura deste trimestre e creando, con ela, un pequeno libriño. A
continuación, debuxamos unha árbore xenealóxica onde deixamos recollidos os
parentescos da familia dos Barbanzóns, incluíndo os debuxos elaborados na
segunda sesión.
Iso sí… o traballo levouse moito mellor
con flocos de millo! Xuntamos probas!
Velaquí todo o proceso:
Moi pronto compartiremos o resultado
final… estade atentos/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario