martes, 21 de xuño de 2022

Agasallo para Andrea Maceiras

O alumnado do club estaba moi ilusionado porque contaba coa visita da escritora Andrea Maceiras, autora do libro que leron no terceiro trimestre "Conta nove estrelas". Por motivos de axenda non foi posible e o grupo de 6º, por conta propia, decidiu facer un mural como agasallo para a escritora. 

Xuntábanse nos recreos, no recuncho lector. 

Para Andrea Maceiras, de parte do club de lectura e en especial do grupo de 6º E.P. 

Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta"

 A ilustradora Laura Suárez, enviounos como agasallo, un exemplar de "MONTE PINDO. HISTORIAS E LENDAS DO OLIMPO CELTA" e un vídeo da presentación do seu libro.

       

As coordinadoras do club fixemos un compra de 7 exemplares para a biblioteca. 

O martes, 21 de xuño o alumnado do club fixo unha lectura colectiva. 

luns, 20 de xuño de 2022

"A maxia da ilustración"

O pasado luns día 20 de xuño, o alumnado do club de lectura "Papalibros" de 5º e 6º E.P. desfrutou dun taller colaborativo na man da  ilustradora Laura Suárez titulado "Imaxinario na literatura galega"

Baseándose nas temáticas dos libros lidos este curso escolar ( "O que nunca che contaron" de María Canosa; " A señorita Bubble" de Ledicia Costas; "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras) o alumnado escolleu unha historia-zona dun dos libros lidos e  realizou unha ilustración. Ao remate da actividade, presentaron as ilustracións e expuxéronnas nun dos corredores do colexio. 

A actividade realizouse na biblioteca en horario de 9.30 a 11.00h.

Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade.

Ilustrando...

Expoñendo...

Aquí remata este marabilloso taller no que Laura anima a todo o alumnado do Club de lectura a que nunca deixen de experimentar no mundo artístico.
GRAZAS

venres, 17 de xuño de 2022

Rematamos a lectura "Conta nove estrelas"

Aquí estamos compartindo os últimos capítulos e poñendo en común impresións e opinións sobre a lectura. As xuntanzas fixéronse na biblioteca.

Xoves, 16 de xuño ( 5º E.P.)

Venres, 17 de xuño ( 6º E.P.)

Os de 6º E.P. recomendan a lectura "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras



venres, 10 de xuño de 2022

Xornada dos Clubs de Lectura

O 10 de xuño celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións ( Santiago de Compostela) a XIV Xornada dos Clubs de Lectura. 

Desde o curso 2007 ata o 2021 a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incentivaba o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollían ensinanzas de secundaria, bacharelato e formación profesional. 

Neste curso escolar ampliouse a convocatoria aos centros de primaria.  Dada a nosa traxectoria en clubs de lectura (desde o curso 2014/15) decidimos, con moita ilusión, solicitar a participación neste proxecto e fomos admitidos. 

Do noso centro asistiu María José Abelleira Pequeño, responsable da biblioteca escolar e unha das coordinadoras do club de lectura "Papalibros" ( 5º- 6º E.P.)

Premendo na imaxe, accederás á información de todas as actividades realizadas nesta estimulante e enriquecedora xornada. 

venres, 3 de xuño de 2022

Avanzando na lectura...

Esta semana non se puideron realizar as xuntanzas no patio porque o tempo non acompaña. Fixéronse na biblioteca. ´

Xoves, 2 de xuño ( 5º E.P.)


Venres 3 de xuño ( 6º E.P.)
O alumnado de 6º elaborou con moita ilusión uns novos cadernillos de anotacións. Chegaron á reunión moi contentos con moitas ganas de compartilos cos compañeiros.